222025
Avaliar o estado de forma dos corredores, pulir aspectos técnicos e crear grupo volveron ser algúns dos obxectivos nunha nova entrega das Xornadas de Tecnificacións ideadas pola Federación Ciclismo Galego (FCG). Esta iniciativa formativa chegou o pasado domingo, 18 de maio, a un concello tan vencellado ao noso deporte como é Poio. Nesta localidade pontevedresa reuníronse máis de 20 ciclistas cadetes de estrada.
Ademais de acumular quilómetros nas súas pernas baixo a dirección de Jacobo Ucha, técnico da FCG, as promesas autonómicas recibiron charlas e visitas. Ata a turística e fermosa parroquia de Combarro achegáronse Ángel Moldes, alcalde de Poio; Tucho Muíños, concelleiro de Deportes; Paco Albar, presidente do Poio Bike Club; e Juan Carlos Muñiz, presidente da FCG. Como impulsora desta convivencia, a Federación Ciclismo Galego desexa agradecer a colaboración do Concello de Poio e do Poio Bike Club.
Esta Xornada de Tecnificación foi a cuarta da temporada dedicada ás categorías de estrada. Nas últimas semanas xa se aplicara o mesmo esquema de traballo cos sub-23, as infantís e cadetes, e os júniores. Poio repetirá como escenario o 8 de xuño, pero neste caso as protagonistas serán as bikers infantís e cadetes de Cross Country.
FORMACIÓN
FORMACIÓN
FORMACIÓN
FORMACIÓN
FORMACIÓN
FORMACIÓN
R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es