OBSERVACIONES
CAMPIONATO DE GALICIA BTT-XCM CONDADO-PARADANTA
- PREINSCRICIÓNS E INSCRICIÓNS:
O PRAZO DE INSCRICION PECHA O DIA : 17 de Setembro de 2025 as 23:59:59
FORA DE PRAZO CON RECARGO DE 30€ ATA O: 18 de Setembro de 2025 as 15:00:00
- NORMATIVA
Toda proba competitiva celebrada baixo o amparo da FGC farase por preinscricións telemática.
- Para as probas que se celebren durante a fin de semana, as preinscricións pecharanse o MÉRCORES ANTERIOR ÁS 23:59 horas, as celebradas durante a semana, ata tres días antes da proba ás 23:59 (a excepción das probas de BTT-Enduro).
As preinscricións fora de prazo permítense de maneira extraordinaria coas seguintes condicións:
- Para as probas que se celebren na fin de semana, ata o XOVES ANTERIOR ÁS 15:00. As celebradas durante a semana, ata dous días antes da proba ás 15:00. En ambos os dous casos cunha PENALIZACIÓN de10 € para as categorías escolares (benxamín, promesa, principiante, alevín, infantil e cadete) e de 30€ para o resto de categorías.
- Perdida da praza na orde saída, pasando a ocupar o último lugar na grella de saída.
Queda totalmente prohibido realizar inscricións pasado estes prazos. Non se aceptarán inscricións, nin pagamentos fóra destes prazos ou o mesmo día da proba
- COMO CHEGAR: Ubicación
INSCRICIÓN DA PROBA:
Ruta longa e media (competitiva e cicloturista):
· 1º prazo → 25€ (do 30/06/2025 ao 03/08/2025)
· 2º prazo → 30€ (do 04/08/2025 ao 17/09/2025)
Ruta curta (non competitiva):
· 1º prazo → 20€ (do 30/06/2025 ao 03/08/2025)
· 2º prazo → 25€ (do 04/08/2025 ao 17/09/2025)
As licencias de un día suporán un custo adicional de 12€, correspondente ao seguro obrigatorio segundo a normativa federativa vixente.
O uso do chip de cronometraxe será obrigatorio para todas as persoas participantes que desexen competir no Campionato de Galicia XCM. En caso de non dispoñer dun chip propio, poderá alugárense cun custo adicional de 3€ e o chip deberá ser devolto ó chegar a meta.
As persoas que non opten á clasificación oficial do Campionato (por exemplo participantes con licenza cicloturista, licenza dun día, e-bikes ou inscritos/as na ruta curta), poderán optar por non alugar o chip, asumindo que:
· Non serán cronometrados nin figurarán nas listas de tempos.
· Non terán dereito a trofeos, premios ou agasallos vinculados ó tempo realizado na proba.
SISTEMA DE CRONOMETRAXE ELECTRÓNICO DA FGC:
Todos os deportistas das categorías que desexen participar nas probas con cronometraxe electrónico da Federación Galega de Ciclismo deberán posuír un chip activo. Poderá adquirir dito chip a través da plataforma de inscricións das probas das seguinte formas:
• En aluguer, cun custe de 3 € para cada proba, o chip será devolto o termo da proba para o cal se aluga.
• En propiedade, cun custe de 105,28 € para uso en todas as probas con cronometraxe electrónico da Federación Galega de Ciclismo. Os chips teñen unha duravilidade da batería de entre 5 e 7 anos.
• Para as categorías Júnior e inferiores, por ser de carácter formativo, en cada proba se lle cedera un chip que será devolto o remate da proba, sen custe de aluguer.
Os ciclistas non pertencentes a comunidade autónoma de Galicia deberan depositar unha fianza de 110 € á retirada do chip.
Os ciclistas que extravíen ou se esquezan o chip, poderán solicitar antes do inicio da proba un chip activo en préstamo, depositando unha fianza de 110 € que lles será devolta ao remate da proba contra a entrega do chip sen danos.
Os ciclistas que, ao remate da proba, non devolvan o chip activo alugado ou cedido en préstamo ou o devolvan en mal estado, deberán abonar 110 euros, procedendo a FGC á facturación do devandito chip.
O prazo de devolución do chip ou abono dos 110 € será de 10 días naturais. Se nese tempo non se produce a devolución ou o pago, procederase o bloqueo da inscricións nas probas do calendario galego de ciclismo.
Non esta permitido o uso compartido dos chips.
Queda totalmente prohibida a participación nas probas con cronometraxe electrónico da Federación Galega de Ciclismo sen o chip activo.
Non serán válidos os chips non subministrados pola FGC
PROBAS CON CRONOMETRAXE ELECTRONICO DA FGC 2025.
· COPA GALICIA ESTRADA CADETES
· COPA GALICIA XCM
· COPA GALICIA DE DHI
· COPA GALICIA DE PUMP TRACK
· CAMPIONATO DE GALICIA CICLOCROSS
· CAMPIONATO DE GALICIA RESISTENCIA
· CAMPIONATO DE GALICIA ESTRADA CADETE, JUNIOR E FEMINAS
· CAMPIONATO DE GALICIA ESTRADA ELITE.