022024
Foto: Abraham Castro
Un mes despois as Xornadas de Tecnificación da Federación Ciclismo Galego (FCG) regresan ao Monte Xalo. Se en abril foi a quenda do Enduro, este sábado día 4 a seleccionadora autonómica de especialidades gravity Eva Castro e o seu axudante Luis Manovel traballarán no concello coruñés de Culleredo coas promesas do noso Descenso. Dez riders participarán nesta convivencia que combinará baixadas e análises.
Ás 10:00 horas darase a benvida á cuarta Xornada de Tecnificación FCG do 2024. A sesión matinal será moi práctica, primeiro con baixadas libres e a continuación realizando repeticións de seccións, que serán gravadas. Ao mediodía farase un alto para xantar.
A tarde comezará coa visualización dos vídeos de cada rider, co obxectivo de aportar consellos e de que se estableza un feedback. As bicicletas volverán lanzarse polo Monte Xalo nunha sesión de adestramento previa á baixada cronometrada. Por último, efectuaranse uns tests físicos para valorar diferentes métricas do rendemento.
Establecer lazos entre os participantes e comprobar o nivel da nosa canteira atópanse entre as metas que persegue esta iniciativa. Dende a FCG deséxase agradecer unha vez máis á comunidade Monte Veciñal en Man Común 'Xalo' o seu permiso para que unha nova Xornada de Tecnificación teña como escenario os seus terreos.
FORMACIÓN
FORMACIÓN
FORMACIÓN
FORMACIÓN
FORMACIÓN
FORMACIÓN
CICLISMO GALEGO FEDERACION
Rúa Fotógrafo Luis Ksado nº 17 36209 | Vigo (Pontevedra)
986224158