Facebook Twitter Youtube Instagram Español

A canteira do Enduro tecnificouse no Monte Xalo

17 DE ABRIL DE 2024

Eva Castro e Luis Manovel dirixiron unha intensa xornada de traballo dedicada ás promesas galegas

A-canteira-do-Enduro-tecnificouse-no-Monte-Xalo

Chegou a quenda do BTT nas Xornadas de Tecnificación da Federación Ciclismo Galego (FCG) do 2024. Dezaoito promesas do noso Enduro reuníronse o pasado sábado no Monte Xalo, no concello coruñés de Culleredo, baixo a dirección da seleccionadora autonómica Eva Castro e do seu axudante Luis Manovel. Dous especialistas que puxeron especial énfase en pulir a pilotaxe d@s riders nunha convivencia moi frutífera. 

A sesión matinal arrancou cunha pasada de visualización polo tramo coñecido como Vader, escollido pola súa variedade técnica. A práctica, continuou cun adestramento con repeticións no que os responsables desta actividade observaron en acción e ofreceron consellos a cada unha das corredoras e dos corredores das categorías Cadete, Júnior, Sub-23 e Elite. O método de traballo inclúe grabacións que despois se visualizan nunha posta en común para extraer conclusións individuais e colectivas. 

imagen

Despois da pausa para comer, o cronómetro fixo acto de presenza. Para a toma de tempos realizouse unha pasada polo treito Ratonero. Durante a visualización previa, Castro e Manovel estableceron pautas básicas de adestramento dirixididas especialmente ás e aos riders con menos experiencia. 

A FCG quere agradecer á comunidade Monte Veciñal en Man Común 'Xalo' a autorización outorgada para pode percorrer os seus terreos, así como a dispoñibilidade d@s pilotos convocad@s. Deste xeito, púidose desfrutar dun día 100% de Enduro, de formación e de canteira. A seguinte Xornada de Tecnificación repetirá escenario e estará dedicada, o 4 de maio, ao Descenso

Calendario 2024 de Tecnificacións, Campus e citas da Selección

GALERÍA DE FOTOS

A canteira do Enduro tecnificouse no Monte Xalo
A canteira do Enduro tecnificouse no Monte Xalo
A canteira do Enduro tecnificouse no Monte Xalo
A canteira do Enduro tecnificouse no Monte Xalo
A canteira do Enduro tecnificouse no Monte Xalo
A canteira do Enduro tecnificouse no Monte Xalo
 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es