Accidente Deportivo

URXENCIAS

Protocolo resumido para urxencias

Nacid@s entre 2007 e 2016 (6 a 16 anos)
Ambos Incluídos

§ En caso de URXENCIA VITAL, (aquela que implica risco de morte ou secuela funcional grave para o doente en caso de non recibir atención médica inmediata): Acudir ao servizo de Urxencia máis próximo e comunicar o sinistro nun prazo de 24 horas.

§ En caso de non URXENCIA VITAL  

 1. Comunicación de accidente:

Deberán comunicar o accidente antes de acudir a ningún centro por unha destas dúas vías:

Teléfono de asistencia: 881 850 087 – Tras facilitar á Xestora Médica os datos do lesionado e circunstancias do accidente, indicaraselle o centro médico ao que acudir para recibir a primeira atención médica.

Vía telemática a través da plataforma: https://partesxogade.es tras a recepción da comunicación de sinistro, recibirá unha confirmación de apertura. Un tramitador de Gerosalud contactará telefonicamente á maior brevidade para indicárlle o centro médico ao que acudir.

2. Continuidade asistencial:

Tras a primeira asistencia será necesario cumprir os seguintes requisitos:

I) Que a entidade que inscribiu ao deportista certifique o accidente na plataforma de Xogade (https://inscricion-xogade.xunta.gal). O prazo para dito trámite é de 7 días.

II) Que os titores legais autoricen a xestión de datos do menor a través dunha mensaxe que recibirán no seu teléfono móbil.

III) Que se envíen os informes médicos nos que conste a prescripción de tratamento, rehabilitación, probas diagnósticas, cirurxía/ingreso hospitalario, etc. O lesionado ten á súa disposición o correo xogade@gerosalud.es e o portal https://partesxogade.es

 

Infografía SURNE Plan XOGADE

A empresa que se porá en contacto con vostedes será: 

SURNE - GEROSALUD 

TLF DE ASISTENCIA 881 850 087 

Email: https://partesxogade.es

Protocolo completo Plan XOGADE

Resto de idades (menores de 6 e maiores de 16 anos)

O federado deberá acudir a un Centro Concertado pola aseguradora chamando previamente ao teléfono de asistencia: 960 99 28 40 de Itegra que figura no dorso da súa tarxeta federativa. Nese momento se declara o parte de accidente en ITEGRA vía telefónica en www.itegra.es e indícase ao federado o centro onde debe acudir a urxencias, emitindo unha autorización ao centro indicado, con copia ao e-mail do federado (dato que nos informa ao declarar o sinistro). O federado debe remitir o informe de urxencias ao alta a soporte@itegra.es para valorar o seguimento posterior necesario.


960.99.28.40

Nº Póliza: 7025 - 372936

Protocolo completo AXA-Itegra

Centros concertados de urxencias en Galicia

Póliza accidentes AXA-Itegra

Video explicativo utilización Tarxeta Federativa Dixital seguro Itegra 2023


CONDICIÓNS XERAIS E RESTO DE ATENCIÓNS

GASTOS DE XESTIÓN

Todo accidente deportivo que non se produza dentro dunha proba (competición ou marcha) ou que non estea recollido no acta de dita proba, terá un coste de 20 € en concepto de gasto por xestión e tramitación do accidente. Están exentos de abonar dito importe de 20 € os menores de 16 anos.

En calquera caso, están excluidas todas aquelas lesións consecuencia da participación do deportista federado en eventos non federados, nos cales será reponsable da totalidade da asistencia sanitaria, a compañía aseguradora do mesmo.

 

ACCIDENTE CON DANOS A TERCEIROS

En caso de accidente no que ocasionase danos a un terceiro, deberá poñerse en contacto coa Federación chamando ao 986 224158, en horario de oficina, para tramitar o sinistro. Lembre que este seguro ten unha franquía de 350 euros.

Póliza seguro Responsabilidade Civil

 

ATENCIÓN ORGANIZADORES DE PROBAS DEPORTIVAS INSCRITAS NO CALENDARIO AUTONÓMICO

Deberá notificar os protocolos de Axa-Itegra ou do Plan Xogade aos servizos sanitarios contratados (médico e ambulancias) para prestar a primeira asistencia sanitaria.

PARA CASOS DE TRASLADOS A CENTROS CONCERTADOS, chamar previamente ao teléfono de asistencia 960 99 28 40 de Itegra ou 91 737 28 18 do plan Xogade que figura no dorso da tarxeta federativa do corredor. Tamén dispoñen da listaxe de centros concertados na páxina web da FGC www.fgalegaciclismo.es no menú Federación-Seguros.

 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es