08 DE NOVIEMBRE DE 2023
Por quinto ano consecutivo a Volta Ciclista a Galicia contou o pasado mes de setembro co apoio de Toyota Compostela Móvil. Ademais de patrocinar a camisola do líder da Montaña, o concesionario oficial do Ciclismo Galego escolleu o escaparate da rolda autonómica para presentar nas estradas da nosa comunidade o Toyota Corolla Cross. En total, nove vehículos acompañaron ao pelotón Elite-Sub23 froito da colaboración coa FCG que continuará a vindeira temporada.
Como sinal de agradecemento pola confianza depositada na Federación Ciclismo Galego, o seu presidente Juan Carlos Muñiz fixo entrega este mércores a Manuel Tanoira, xefe de ventas de Toyota Compostela Móvil, duns maillots brancos a puntos vermellos da XXI Volta Ciclista a Galicia. Un agasallo para rubricar a prolongación do convenio acordado entre ambas entidades. Deste xeito, o concesionario compostelano seguirá sendo o motor do noso ciclismo no 2024.
FORMACIÓN
EVENTOS
EVENTOS
AVISOS
EVENTOS
EVENTOS
R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es