17 DE SEPTIEMBRE DE 2024
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, recibiu este martes de mans do último vencedor da XXII Volta Ciclista a Galicia, José Luis Faura, un maillot amarelo asinado. Precisamente o pasado domingo Diego Calvo foi o encargado de facer entrega do trofeo ao corredor do equipo Padronés Cortizo na última etapa da proba en Sanxenxo. Na recepción de hoxe tamén estiveron presentes o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa; o director do equipo Cortizo, Marcos Serrano; o director da Volta Ciclista a Galicia, Jacobo Ucha e o presidente da Federación Ciclismo Galego, Juan Carlos Muñiz. A competición, consolidada no calendario estatal na categoría elite e sub-23, reuniu a semana pasada a 17 equipos nun percorrido de case 455 quilómetros en catro etapas polas provincias de Lugo, Ourense e Pontevedra.
Fonte: Xunta de Galicia
AVISOS
FEDERACIÓN
FEDERACIÓN
FEDERACIÓN
FORMACIÓN
EVENTOS
R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es