05 DE MARZO DE 2025
O uso dunha aplicación pode ser un punto de inflexión para mellorar a seguridade viaria nas nosas estradas. DashcamES está asociada en España coa Fundación ADO Moure Pro-Deporte, a entidade ourensá que leva unha década traballando para mellorar a seguridade dos ciclistas.
Esta app que 'salva vidas' converte o móbil nunha cámara que grava en ciclo continuo 30 segundos. Tocando a pantalla, gárdase un arquivo de vídeo que logo se pode enviar á Fundación ADO Moure Pro-Deporte para que tramite a denuncia ante a Dirección Xeral de Tráfico.
Fai click nesta ligazón para acceder á paxina oficial con toda a información
R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17 
  36209 Vigo (Pontevedra) 
 Tel.: 986.22.41.58 
   federacion@fgalegaciclismo.es