Facebook Twitter Youtube Instagram Español

A Selección Española de Estrada Sub23 convoca a Canal e a Mera para unha concentración en Alicante

15 DE ABRIL DE 2021

O ciclista profesional do Burgos BH e o sub23 do Supermercados Froiz forman parte dunha lista de 19 corredores

A-Seleccion-Espanola-de-Estrada-Sub23-convoca-a-Canal-e-Mera-para-unha-concentracion-en-Alicante

Foto: Burgos BH

Dous ciclistas galegos quedarán concentrados desde este domingo ás ordes do novo seleccionador español de estrada sub23 Mikel Zabala en Alfaz del Pi (Alicante). O corredor profesional Carlos Canal (Burgos BH) e o sub23 Miguel Ángel Mera (Supermercados Froiz) forman parte da lista de 19 citados para participar nunha concentración que se prolongará ata o vindeiro xoves. Nesta importante actividade combinaranse actividades propias do Plan Estratégico de Alto Rendimiento y Tecnificación con outras relacionadas coa preparación dos compromisos do combinado estatal da categoría ao longo da temporada. 

“O obxectivo é coñecer aos ciclistas, facer grupo e descubrir cal é o seu estado de forma e capacidades. No que respecta aos adestramentos na estrada, respectaremos ao máximo o plan de cada corredor e faranse grupos adaptados ás necesidades de cada un, pois teñen obxectivos diferentes neste momento do ano e non queremos interferir nos plans de ningún deles nin dos seus equipos”, explica Zabala. 

Durante estes cinco días, os ciclistas someteranse a diversos test físicos para coñecer a súa evolución con respecto aos realizados en anteriores concentracións do Plan Estratégico de Alto Rendimiento y Tecnificación, así como para efectuar unhas primeiras probas a corredores aos que se convoca por primeira vez. Ademais, levaranse a cabo diferentes charlas e reunións sobre estratexia de carreira, traballo en equipo, aspectos psicolóxicos e preparación física co fin de seguir poñendo ao dispor destas novas promesas todas as ferramentas necesarias para que continúen a súa progresión como ciclistas.

Máis información 

GALERÍA DE FOTOS

A Selección Española de Estrada Sub23 convoca a Canal e a Mera para unha concentración en Alicante
 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es