Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Claudia García e Sergio Lorenzo proclámanse gañadores da Copa Galicia Júnior no GP San Froilán

28 DE SEPTIEMBRE DE 2021

O certame cadete de estrada conclúe este sábado e chegará a Boiro liderado por Lara Fuentes e Alejandro Crende

Claudia-Garcia-e-Sergio-Lorenzo-proclamanse-ganadores-da-Copa-Galicia-Junior-no-GP-San-Froilan

Despois de oito xornadas na categoría feminina e nove na masculina, a Copa Galicia Júnior de Estrada resolveuse o pasado sábado na vixésima edición do Gran Premio San Froilán. Non houbo ningún cambio no máis alto dos rankings e os dous ciclistas que chegaban como líderes retiveron as súas camisolas do certame organizado pola Federación Ciclismo Galego. Claudia García (Team Farto-BTC) e Sergio Lorenzo (Cidade de Lugo-Mybike) proclamáronse gañadores xuvenís da temporada 2021. 

Na competición feminina a líder compareceu co título matematicamente no peto e puxo a guinda a súa campaña vencendo no circuíto da cidade amurallada. A ponteareá Claudia García impúxose a Valeria Torrado (Barbanza) por dous minutos de vantaxe, mesma orde que se deu na clasificación final da Copa. O terceiro posto na táboa do certame autonómico correspondeu a Laura Teniente (Lasal Cocinas-Louriña).

Pola contra, a clasificación júnior masculina aínda estaba sen decidir, con tres corredores que tiñan opcións de adxudicarse o ranking. Sergio Lorenzo partía cunha salientable renda de puntos e soubo administrala. O porriñés formou parte do cuarteto que se xogou a vitoria ao esprint, co seu compañeiro de equipo David Pollán cruzando a liña de meta por diante de Pedro Souto (Aluminios Cortizo), segundo, e Fabián Rodríguez (Cambre), terceiro. Así pois, o club organizador festexou un dobrete: triunfo na súa carreira e na Copa.

O cuarto posto do líder elevou a súa conta de puntos na xeral a 153. Lorenzo rematou o certame galego con 17 puntos máis que Fabián Rodríguez e outro ciclista do Cambre, Javier López, clasificouse terceiro con 127. 

Cadetes

O palmarés completo da Copa Galicia de Estrada 2021 coñecerase este sábado en Boiro, onde se disputará a última cita do calendario cadete. Lara Fuentes deu un paso importante no GP San Froilán para facerse co título ao reforzar o seu liderado cun triunfo. A corredora do Cambre distanciouse en 19 segundos de Lucía Ballester (Betanzos), a outra ciclista que está pugnando pola xeral, e en 25" dun trío no que Andrea Prado (Betanzos) foi a máis rápida. 

A carreira cadete masculina ofrecía ao anfitrión Alejandro Crende a posibilidade de blindar de xeito matemático a súa primeira praza na xeral. Porén, o representante do Cidade de Lugo-Mybike tivo que conformarse coa 14ª praza e deberá agardar á última xornada para certificar o título. O gañador na proba lucense saíu dun trío, que se presentou na recta final con medio minuto de vantaxe, e no que Brais Pena (Compostelano) bateu a Manuel García (Cambre) e a Iván Blanco (Vigués), segundo e terceiro respectivamente. 

No resto de categorías desta clásica do ciclismo galego, que homenaxeou pola súa retirada ao xuíz árbitro Sinesio Vázquez, tamén subiron ao máis alto do podio: Cristian Lapida (Team Oiense Turonia Maglia) nos sub21, Lorena Patiño (Farto) e Adrián García (Compostelano) en Infantís, Xiana Seijo (Caimanes Betanzos) e Lucas Lozano (Farto) en Alevíns, Saray Álvarez (O Rosal) e Mateo Rodríguez (O Rosal) en Principiantes, e Martina Gómez (Betanzos) e Félix Murado (Viveiro) en Promesas. 

Clasificacións GP San Froilán

Copa Galicia 

GALERÍA DE FOTOS

Claudia García e Sergio Lorenzo proclámanse gañadores da Copa Galicia Júnior no GP San Froilán
Claudia García e Sergio Lorenzo proclámanse gañadores da Copa Galicia Júnior no GP San Froilán
Claudia García e Sergio Lorenzo proclámanse gañadores da Copa Galicia Júnior no GP San Froilán
Claudia García e Sergio Lorenzo proclámanse gañadores da Copa Galicia Júnior no GP San Froilán
 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es