23 DE ABRIL DE 2025
O programa de Xornadas de Tecnificación deseñado polos técnicos da Federación Ciclismo Galego reactivouse o Xoves Santo en Mugardos e Ares. Os treitos da Montefaro Enduro Race, evento da Copa de España que se celebrará o 25 de maio, serviron de escenario para que a seleccionadora Eva Castro e a súa man dereita Luis Manovel traballaran cos riders de cara ao inminente Campionato de España que terá lugar na primeira fin de semana de maio en Xirona. Unha actividade formativa que resultou do máis frutífera.
O planning desta convivencia arrancou con tests físicos para valorar diferentes métricas do rendemento e unha charla. A continuación, efectuáronse repeticións de seccións nun traballo enfocado no perfeccionamento individual. As pasadas graváronse e eses vídeos analizáronse na sobremesa despois do xantar en grupo para establecer un feedback con cada piloto.
A sesión de tarde estivo dedicada á toma de tempos en dúas baixadas que non se percorreron pola mañá. Mediante este método garántese abordar a necesidade de ir o máis rápido posible contando soamente coa información adquirida nunha única baixada de visualización. Os 'cronos' estiveron moi parellos entre os riders elite e sub-23.
A falta de dúas semanas para a disputa do Campionato de España no Enduro Guilleries a listaxe de dez convocados para o Campionato de España quedou definida e farase pública nos vindeiros días. Malia estar lesionados e non poder participar na gran cita estatal, á segunda Xornada de Tecnificación FCG de Enduro no 2025 tamén acudiron os júniores Álvaro Rivas (Cerezo Bikes) e Marco Rioboo (Pulpeiros) co fin de escoitar as charlas e comprobar in situ as explicacións técnicas.
A Federación Ciclismo Galego agradece ao Club Pulpeiros o perfecto estado que presentaron os treitos da Montefaro Enduro Race e ao concello de Ares a súa autorización para instalar as carpas nas inmediacións do mosteiro de Santa Catalina.
FORMACIÓN
FORMACIÓN
FORMACIÓN
FORMACIÓN
FORMACIÓN
FORMACIÓN
R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es