Facebook Twitter Youtube Instagram Español

O convenio entre federacións facilita a participación de ciclistas no Duatlon Cross das Letras

05 DE MAYO DE 2021

O 17 de maio en Baio

O-convenio-entre-federacions-facilita-a-participacion-de-ciclistas-no-Duatlon-Cross-das-Letras

A Federación Ciclismo Galego (FCG) e a Federación Galega de Triatlón e Pentatlón Moderno (FEGATRI) manteñen en vigor o convenio de colaboración para facilitar que os deportistas con licenza nunha das dúas federacións poidan participar en probas pertencentes ao calendario do outro organismo. Ese acordo abrangue eventos como o II Duatlon Cross das Letras que o 17 de maio se celebra en Baio. Os ciclistas interesados en competir no concello de Zas poderán inscribirse por 17,2 euros. 

A organización do Tabeirón Deportivo estableceu un límite de 200 participantes. A proba dispútase sobre unha distancia de 29,4 quilómetros, dos cales 20 pertencen ao sector de BTT. O prazo para anotarse remata o 11 de maio ás 23:59 horas.

Fai click neste enlace para inscribirte

 

 

 

OTRAS NOTICIAS DE

 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es