A Copa Galicia 2020 rematará o vindeiro domingo, día 20, no municipio ourensán de Maceda. As inscricións para o Ciclocross Castelo de Maceda - Copa Deputación de Ourense están abertas. Fai click neste enlace para anotarte. O prazo finaliza o mércores, día 16, ás 23:59 horas.
Na XIII edición deste evento organizado polo Club Ciclista Maceda tamén terán que inscribirse os Técnicos, Árbitros e Dirixentes (federados). Fai click neste enlace para anotarte
As persoas que exerzan de asistentes sen estar federadas teñen que inscribirse facendo click nesta ligazón
Tanto os participantes como o persoal asistente deberán cubrir os Formularios de Trazabilidade.
Os equipos teñen que facer a reserva da súa zona facendo click neste enlace
Os medios de comunicación que queiran cubrir este evento deben enviar a súa solicitude facendo click nesta ligazón
Os horarios das quendas e a orde de saída das categorías cambian respecto á xornada do día anterior no Porriño:
10:00 Máster-40 masculina
11:00 Máster-30 masculina, Máster-50/60 masculina e Máster feminina
12:45 Cadete masculina, Cadete feminina e Júnior feminina
14:00 Elite-Sub23 masculina, Júnior masculina e Elite-Sub23 feminina
Respecto ao protocolo fronte a covid, os corredores e as corredoras deberán presentar un resultado negativo nunha proba PCR, de antíxenos ou serolóxica.
Os premios finais da Copa Galicia de Ciclocrós 2020 entregaranse nesta xornada.
Achegamos a Guía Técnica e o Protocolo desta cita.
R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es