A Copa Galicia de Cross Country Olímpico (XCO) regresa este sábado tras un mes de paréntese e faino nun dos seus circuítos máis emblemáticos. 'A Catedral', como é coñecido o trazado deseñado no Monte da Rega, acolle este sábado o XX G.P. XCO Concello de Cambre. A segunda cita do certame autonómico porase en marcha ás 16:00 horas.
O Club Ciclista Cambre organiza unha tarde de competición dividida en dúas quendas. Na primeira entrarán en acción os Cadetes masculinos (16:00), os Máster-40 (16:02) e os Máster-50/60 (16:04). A segunda manga arrancará ás 18:00 coa saída Elite-Sub23 e continuará coa Júnior masculina (18:02), os Máster-30 (18:04), as mulleres Elite-Sub23 e Juniors (18:05) e, por último, as Cadetes femininas (18:06).
O Protocolo que se aplicará neste evento obriga á utilización da máscara durante os adestramentos. Con motivo de axilizar a presentación dos certificados dos Test COVID das/os bikers, a Federación Ciclismo Galega solicita aos equipos que os remitan antes do venres ás 23:59 horas á dirección de correo electrónico protocolo@fgalegaciclismo.es
Os rankings da Copa Galicia XCo, despois da cita inaugural da Cañiza, teñen como líderes a Aroa Otero (Avanza-O Porriño) e Tomás Pombo (Cambre) en cadetes; Laura Mira (Avanza-O Porriño) e Miguel Rodríguez (Ponteareas) en juniors; Iván Feijoo (BH Templo) nos sub23; Lara Lois (Extol) e Saúl López (Academia Postal) en elites; Manuel Parada (Xesteiras) nos master-30, Silvia García (Bici Verde) nas máster, Iván Pereira (Xesteiras) nos máster-40 e Manuel Castro (Barbanzabike) nos máster-50/60.
R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es