Facebook Twitter Youtube Instagram Español
Publicado: 04/08/2021 19:05:35

Calendarios das Copas Galicia de Estrada 2021 para cadetes e juniors

Tres dos catro certames comezan este sábado no Gran Premio Concello de Cambre

Ao pelotón galego cadete e júnior agárdalle unha segunda metade do verán do máis intensa. Tres das catro Copas Galicia de Estrada 2021 actívanse este sábado no XX Gran Premio Concello de Cambre. Este evento tamén suporá a terceira xornada do certame da Federación Ciclismo Galego para cadetes masculinos, categoría que xa disputou as súas dúas primeiras probas en Carballo e Viveiro. 

Entre as novidades desta temporada destaca que as categorías femininas Cadete e Júnior contarán coas súa propias Copas. Estas dúas competicións, ao igual que as masculinas, resolveranse o 25 de setembro no Gran Premio Ciclista San Froilán. 

Os calendarios son os seguintes: 

COPA GALICIA ESTRADA CADETE MASCULINA:

1. Trofeo Concello de Carballo 2021 (Carballo) 22/05

2. 37º Gran Premio San Roque (Viveiro) 26/06

3. XX Gran Premio Concello de Cambre (Cambre) 7/08

4. V Trofeo Festas do San Roque (Betanzos) 15/08

5. XLVII Gran Premio Ciclista Cidade de Vigo (Vigo) 21-22/08

6. XXIX Trofeo Pista de As Faias (O Rosal) 28/08

7. La Nocturna (O Porriño) 11/09

8. Trofeo Festas de Setembro Concello de Ponteareas (Ponteareas) 12/09

9. 57º Gran Premio Milagrosa (Lugo) 18/09

10. XX Gran Premio Ciclista San Froilán (Lugo) 25/09

 

COPA GALICIA ESTRADA CADETE FEMININA:

1. XX Gran Premio Concello de Cambre (Cambre) 7/08

2. V Trofeo Festas do San Roque (Betanzos) 15/08

3. XLVII Gran Premio Ciclista Cidade de Vigo (Vigo) 21-22/08

4. XXIX Trofeo Pista de As Faias (O Rosal) 28/08

5. La Nocturna (O Porriño) 11/09

6. Trofeo Festas de Setembro Concello de Ponteareas (Ponteareas) 12/09

7. 57º Gran Premio Milagrosa (Lugo) 18/09

8. XX Gran Premio Ciclista San Froilán (Lugo) 25/09

 

COPA GALICIA ESTRADA JÚNIOR MASCULINA:

1. XX Gran Premio Concello de Cambre (Cambre) 7/08

2. V Trofeo Festas do San Roque (Betanzos) 15/08

3. XLVII Gran Premio Ciclista Cidade de Vigo (Vigo) 21-22/08

4. III Challenge Júnior Carballo (Carballo) 28-29/08

5. La Nocturna (O Porriño) 11/09

6. Trofeo Festas de Setembro Concello de Ponteareas (Ponteareas) 12/09

7. 57º Gran Premio Milagrosa (Lugo) 18/09

8. XX Gran Premio Ciclista San Froilán (Lugo) 25/09

 

COPA GALICIA ESTRADA JÚNIOR FEMININA:

1. XX Gran Premio Concello de Cambre (Cambre) 7/08

2. V Trofeo Festas do San Roque (Betanzos) 15/08

3. XLVII Gran Premio Ciclista Cidade de Vigo (Vigo) 21-22/08

4. La Nocturna (O Porriño) 11/09

5. Trofeo Festas de Setembro Concello de Ponteareas (Ponteareas) 12/09

6. 57º Gran Premio Milagrosa (Lugo) 18/09

7. XX Gran Premio Ciclista San Froilán (Lugo) 25/09

 

Toda a información sobre as Copas Galicia de Estrada poderás atopala nas redes sociais co cancelo #CopasEstrada21

 

 

 

 

 

 

 

NOTICIAS RELACIONADAS

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es