Os tres certames autonómicos de estrada que faltaban por arrancar activaranse mañá en Carballo. A Copa Galicia Cadete Feminina, a Cadete Masculina e a Júnior Feminina vivirán a súa primeira xornada no Trofeo Concello de Carballo. O calendario destes tres circuítos de probas coordinados pola Federación Ciclismo Galego son idénticos, salvo nun evento.
A diferenza atópase en que despois da cita organizada polo Club Ciclista Carballo, a competición masculina regresará o domingo 26 de xuño na primeira edición do Trofeo Cadetes Camiño de Santiago do Club Ciclista Compostelano, mentres que os tres certames volverán coincidir o domingo 17 de xullo no Trofeo Vila de Luou do Club Ciclista Teo.
As dúas últimas xornada tamén serán compartidas. O sábado 30 de xullo chegará a quenda do tradicional Promoción de Ciclismo de Boiro, da man do Club Ciclista Barbanza, e os últimos puntos da temporada repartiranse o sábado 13 de agosto no Gran Premio San Roque, a clásica do Club Ciclista Viveiro.
As noticias e as clasificacións podes atopalas na nosa páxina web facendo click neste enlace e nas redes sociais a través dos hashtags #CopaGaliciaCadete22 e #CopaGaliciaJunior22.
CALENDARIO CADETE FEMININO
21/05 Trofeo Concello de Carballo - Carballo, C.C.
17/07 Trofeo Vila de Luou - Teo, C.C.
30/07 Promoción de Ciclismo de Boiro - Barbanza, C.C.
13/08 Gran Premio San Roque - Viveiro, C.C.
CALENDARIO CADETE MASCULINO
21/05 Trofeo Concello de Carballo - Carballo, C.C.
26/06 Trofeo Cadetes Camiño de Santiago - Compostelano, C.C.
17/07 Trofeo Vila de Luou - Teo, C.C.
30/07 Promoción de Ciclismo de Boiro - Barbanza, C.C.
13/08 Gran Premio San Roque - Viveiro, C.C.
CALENDARIO JÚNIOR FEMININO
21/05 Trofeo Concello de Carballo - Carballo, C.C.
17/07 Trofeo Vila de Luou - Teo, C.C.
30/07 Promoción de Ciclismo de Boiro - Barbanza, C.C.
13/08 Gran Premio San Roque - Viveiro, C.C.
R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es