Facebook Twitter Youtube Instagram Español
Publicado: 25/08/2022 18:21:31

Presentación da VI Ruta Btteiros Cova da Serpe

Cuarto desafío da Copa Galicia XCM

Máis de 250 bikers participarán este domingo, 28 de agosto, na VI Ruta Btteiros Cova da Serpe, unha proba organizada conxuntamente polo Concello de Guitiriz e o Club Btteiros Cova da Serpe.

O acto de presentación do evento tivo lugar hoxe, xoves 25 de agosto, na Casa Habanera e participaron a alcaldesa de Guitiriz, Marisol Morandeira; o concelleiro de Deportes, Iván Morado; o presidente da Federación Ciclismo Galego, Juan Carlos Muñíz; o presidente do Club Btteiros Cova da Serpe, Marcos Rego; e o integrante do club; José Manuel Costa.

A alcaldesa, destacou “que esta proba intégrase dentro da aposta polo deporte que facemos desde o Concello” e lembrou que “colaboramos durante todo o ano co club Btteiros Cova da Serpe realizando rutas en diferentes lugares e aptas para todos os públicos”. “Vai ser unha proba moi vistosa, que ademais repercute directamente na economía de Guitiriz”, afirmou.

Pola súa parte, Juan Carlos Muñíz explicou que “hai 250 inscritos” e que “esta vai ser unha das poucas probas que segue sumando inscricións xa que os e as amantes do BTT apréciana moito”. Ademais, salientou que “esta é a cuarta data do Copa de Galicia, aínda están por definir os campións”.

Marcos Rego agradeceu “ao Concello a súa colaboración e aos 60 voluntarios e voluntarias que traballarán o domingo para que todo saía ben, sen eles isto non sería posible” e subliñou que “intentamos facer un percorrido polos sitios máis relevantes de Guitiriz: a Cova da Serpe, San Alberte, Parga, Guitiriz…”.

Por último, Iván Morado quixo trasladar os agradecementos do Concello á Federación Galega de Guitiriz “por estar hoxe presente e por incorporar esta proba ao seu calendario” e “ao club polo traballo que fan a diario por este deporte”.

Para esta edición a organización propuxo crear dúas modalidades: a puntuable para a Copa Galicia XCM, que consta de 80 quilómetros e 1.700 metros de desnivel, e as Rutas Cicloturistas, unha larga de 80 quilómetros e 1.700 metros de desnivel e outra corta de 56 quilómetros e 1.000 metros de desnivel. A saída está prevista para as 9 horas desde o Campo da Feira de Guitiriz.

Fonte: Concello de Guitiriz 

NOTICIAS RELACIONADAS

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es