Facebook Twitter Youtube Instagram Español
Publicado: 11/10/2022 13:35:42

Suspendida a Viveiro Bike Xtreme

Os premios finais da Copa Galicia XCM entregaranse na Gala do Ciclismo Galego

A Viveiro Bike Xtreme, última proba do calendario da Copa Galicia de Cross Country Maratón (XCM), non se disputará finalmente este domingo. A baixa cifra de inscritos levou aos organizadores do evento a tomar a decisión de suspender a súa celebración. O importe da inscrición será reembolsado integramente aos bikers que estaban anotados.

Deste modo, dase por finalizada a Copa Galicia XCM 2022. Os premios aos gañadores finais entregaranse na Gala do Ciclismo Galego 2022.  

Páxina da Copa Galicia XCM

NOTICIAS RELACIONADAS

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es