Facebook Twitter Youtube Instagram Español
Publicado: 09/02/2023 17:16:33

A Copa Galicia 3h Resistencia conclúe este domingo en Muros

A quinta e última xornada porase en marcha ás 10:00 horas no circuíto da Agra da Filgueira

O intenso calendario da Copa Galicia 3h Resistencia, con cinco carreiras en menos dun mes, complétase este domingo co evento que xa o ano pasado se encargou de baixar o pano do certame autonómico de máis recente creación. A 3 Horas Resistencia BTT Concello de Muros porá en xogo os puntos que restan para definir a nómina de gañadores finais das clasificacións xerais. A competición activarase ás 10:00 horas no circuíto do Campo de Fútbol da Agra da Filgueira, na parroquia de Louro. 

A cita da que se encarga o Club Ciclista Muros presentouse esta mañá coa presenza da alcaldesa Inés Monteagudo; de Juan Martínez, concelleiro de Deportes; e dos representantes da entidade organizadora Jose Romero (presidente) e Luis Romero (vicepresidente). A diferenza da pasada campaña, cando chovera a mares, este domingo agárdase que o tempo acompañe. 

A categoría máster-30 masculino, co líder Manuel Ángel Parada (Xesteiras) 20 puntos por riba de David Fernández (Narón), concentrará case toda a emoción. No resto dos rankings, tanto individuais como de parellas, os primeiros clasificados contan con vantaxes bastante salientables. 

Toda a información sobre a Copa Galicia 3h Resistencia podes atopala nas redes sociais a través do hashtag #CopaGaliciaRST23 e na súa sección dentro desta páxina web

NOTICIAS RELACIONADAS

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es