Facebook Twitter Youtube Instagram Español
Publicado: 12/03/2024 20:45:16

Ribadeo inaugura este domingo a Copa Galicia Máster 2024

Volta a Lugo, Challenge As Rías Baixas e A Estrada, as outras citas puntuables

A Copa Galicia Máster medra no 2024. Con catro xornadas puntuables, unha máis que o ano pasado, o primeiro certame autonómico de Estrada desta temporada actívase cunha estrea. Este domingo dispútase na Mariña Lucense a primeira edición do Trofeo Vila de Ribadeo

O Club Ciclista Eo dá a luz unha carreira con saída e meta no Parque de San Francisco. As primeiras camisolas de líderes da Copa Galicia Máster 2024 poranse en xogo a partir das 11:00 horas nun percorrido de 77 quilómetros. O prazo para inscribirse remata este mércores ás 23:59 h

A presentación do Trofeo Vila de Ribadeo contou coa presenza de Daniel Vega, alcalde da localidade anfitrioa; Francisco José Silvent, concelleiro de Deportes; Iván López, técnico municipal de Deportes; Ismael Rey Varela e Lázaro López Pillado, secretario e membro do C. C. Eo; e César Lage, delegado da Federación Ciclismo Galego (FCG) na provincia de Lugo. 

imagen

Sen cambiar de provincia, a Copa Galicia vivirá a súa segunda cita na Volta a Lugo Máster. A etapa inaugural da rolda organizada polo C.C. Chantadino, na mañá do sábado 6 de abril en O Saviñao, será a que reparta puntos para a competición coordinada pola FCG.  

As outras dúas xornadas celebraranse no mes de maio e na provincia de Pontevedra. A VIII Challenge As Rías Baixas, o díptico do Club Máster da Louriña, ofrece unha primeira etapa, con final en Mos na mañá do sábado 5, que pertence ao calendario da Copa. O peche do certame autonómico, ao igual que o ano pasado será no Trofeo de Ciclismo Concelle de A Estrada. O C.C. Cidade de Santiago fixou para o sábado 25 de maio a décima edición desta carreira. 

imagen

Toda a información sobre a Copa Galicia Máster podes atopala nas redes sociais a través do hashtag #CopaGaliciaMáster24 e na súa sección dentro da páxina web da FCG.

NOTICIAS RELACIONADAS

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es