El string no se encuentra en el string El string no se encuentra en el string El string no se encuentra en el string El string no se encuentra en el string El string no se encuentra en el string El string no se encuentra en el string El string no se encuentra en el string El string no se encuentra en el string El string no se encuentra en el string El string no se encuentra en el string El string no se encuentra en el string El string no se encuentra en el string El string no se encuentra en el string El string no se encuentra en el string El string no se encuentra en el string El string no se encuentra en el string El string no se encuentra en el string El string no se encuentra en el string El string no se encuentra en el string El string no se encuentra en el string El string no se encuentra en el string El string no se encuentra en el string El string no se encuentra en el string El string no se encuentra en el string El string no se encuentra en el string El string no se encuentra en el string El string no se encuentra en el string El string no se encuentra en el string El string no se encuentra en el string El string no se encuentra en el string El string no se encuentra en el string El string no se encuentra en el string El string no se encuentra en el string El string no se encuentra en el string CICLISMO GALEGO FEDERACION
Facebook Twitter Youtube Instagram Español
Publicado: 29/04/2025 09:50:42

Inés Santalla, Francisco Cardoso e Vega Aldrey dominan na Copa Galicia do Porvir en Boiro

O Gran Premio Ricardo Riveiro puxo en xogo as primeiras camisolas de líderes para as dúas categorías cadetes e a júnior feminina

A Copa Galicia do Porvir 2025 xa está activada ao 100%. Despois de que a Challenge Volta O Barbanza 'A Orixe' lanzara a competición para os júniores masculinos o 12 de abril, outro evento organizado polo Club Ciclista Barbanza puxo en xogo as primeiras camisolas de líderes para as dúas categorías cadetes e a júnior feminina o pasado sábado. Dous deses maillots recibíronos corredoras do Cambre e o terceiro triunfo en Boiro obtívoo un ciclista portugués. 

As tres vitorias nas carreiras do XXXVII Promoción de Ciclismo de Boiro - Gran Premio Ricardo Riveiro puntuables para o certame autonómico asináronse con autoridade. Nos cadetes masculinos Francisco Cardoso (Academia Efapel) presentouse en solitario na recta de meta. O corredor luso avantaxou en 28 segundos a Lucas Blanco (Cambre) e en 1:14 ao terceiro clasificado Javier Porrúa (Máster da Louriña).

imagen 

A máis forte camiño de Boiro nas júniores foi Inés Santalla (Cambre), dominando dentro da súa categoría con 2:36 de marxe respecto a súa compañeira de equipo Xiana Mardaraz. Ao terceiro chanzo do podio subiu Ivet Dimitrova (HyD - Ciudad de Salamanca). 

En canto ás cadetes, a carreira tamén chegou decidida ao treito final. Vega Aldrey (Cambre) impúxose cunha diferenza de case 2 minutos sobre o dúo do Teis formado por Tania Rodríguez e Antía Torres, segunda e terceira respectivamente. 

A Copa Galicia do Porvir regresará o 10 de maio en Rois co XVII Premio Ciclista San Isidro - Trofeo Blanco Villar, unha cita na que competirán as súas catro categorías. Toda a información sobre esta competición coordinada poloa Federación Ciclismo Galego podes atopala nas redes sociais a través do cancelo #CopaGaliciaPorvir25 e na súa sección dentro da páxina web da FCG.

imagen

Escolas

O Gran Premio Ricardo Riveiro contou cunha inscrición total de 272 ciclistas e abriu o calendario autonómico de Escolas de Estrada. Nesta primeira competición do ano as vitorias corresponderon a Jimena Paleo (Viveiro) e Eduardo Baleirón (Barbanza) en Promesa, Iria Ruíz (Betanzos) e Daniel Baleirón (Barbanza) en Principiante, Noa Amado (Cambre) e Xian Cerezo (Viveiro) en Alevín, e Anxa Gómez (Betanzos) e Mario Miguélez (Compostelano) en Infantil. 

Clasificacións

NOTICIAS RELACIONADAS

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es