§ En caso de URXENCIA VITAL, os asegurados poden acudir ao servizo de emerxencias máis próximo y comunicarán o accidente antes de 24 horas.
§ En caso de non URXENCIA VITAL cubrirán a comunicación de accidente antes de acudir ao centro sanitario que lle indique a aseguradora. En ningún caso estarán cubertos os incidentes non notificados. Para a certificación posterior teñen 7 días desde o do accidente.
COMUNICACIÓN E APERTURA DO EXPEDIENTE
Teñen dúas vías á súa disposición:
§ Por teléfono no número exclusivo de Asistencia para XOGADE no número 91 737 28 18
§ Na plataforma www.depor-xogade.com (ver guía)
Unha vez aberto o expediente recibirán comunicación por SMS / correo electrónico informando do número de expediente e do código de acceso á plataforma para o seguimento do mesmo. O noso servizo médico contactará á maior brevidade por teléfono para derivalos a un centro médico.
A empresa que se porá en contacto con vostedes será:
Canal Salud 24 S.L
TLF DE ASISTENCIA 91 737 28 18
Email: gestionxogade@canalsalud24.com
Protocolo completo Plan XOGADE
O federado deberá acudir a un Centro Concertado pola aseguradora chamando previamente ao teléfono de asistencia: 646 897 967 de Itegra que figura no dorso da súa tarxeta federativa. Nese momento se declara o parte de accidente en ITEGRA vía telefónica en www.itegra.es e indícase ao federado o centro onde debe acudir a urxencias, emitindo unha autorización ao centro indicado, con copia ao e-mail do federado (dato que nos informa ao declarar o sinistro). O federado debe remitir o informe de urxencias ao alta a soporte@itegra.es para valorar o seguimento posterior necesario.
Todo accidente deportivo que non se produza dentro dunha proba (competición ou marcha) ou que non estea recollido no acta de dita proba, terá un coste de 20 € en concepto de gasto por xestión e tramitación do accidente. Están exentos de abonar dito importe de 20 € os menores de 16 anos.
En calquera caso, están excluidas todas aquelas lesións consecuencia da participación do deportista federado en eventos non federados, nos cales será reponsable da totalidade da asistencia sanitaria, a compañía aseguradora do mesmo.
En caso de accidente no que ocasionase danos a un terceiro, deberá poñerse en contacto coa Federación chamando ao 986 224158, en horario de oficina, para tramitar o sinistro. Lembre que este seguro ten unha franquía de 350 euros.
Póliza seguro Responsabilidade Civil
Deberá notificar os protocolos de Axa-Itegra ou do Plan Xogade aos servizos sanitarios contratados (médico e ambulancias) para prestar a primeira asistencia sanitaria.
PARA CASOS DE TRASLADOS A CENTROS CONCERTADOS, chamar previamente ao teléfono de asistencia 646 897 967 de Itegra ou 91 737 28 18 do plan Xogade que figura no dorso da tarxeta federativa do corredor. Tamén dispoñen da listaxe de centros concertados na páxina web da FGC www.fgalegaciclismo.es no menú Federación-Seguros.
R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es