Protocolo de actuación en caso de accidente deportivo

 AXA-ITEGRA

(menores de 6, maiores de 16 anos)

 

URXENCIAS: O federado pode acudir a urxencias nos seguintes casos: Ferida aberta, sospeita de fractura ou perda de coñecemento, a condición de que tal asistencia sexa Obxecto do Seguro e dentro das primeiras 24 horas desde que  seproduce o Accidente Deportivo. Neste caso o federado deberá acudir a un Centro Concertado pola aseguradora chamando previamente ao teléfono de asistencia: 960 99 28 40 de Itegra que figura no dorso da súa tarxeta federativa.


Nese momento declárase o parte de accidente en  ITEGRA vía telefónica en www.itegra.es e indícase ao federado o centro onde debe acudir a urxencias, emitindo unha autorización ao Centro indicado, con copia ao e-mail do federado (dato que nos informa ao declarar o sinistro)
O federado debe remitir o informe de urxencias ao alta a soporte@itegra.es para valorar o seguimento posterior necesario.

Só en caso de Urxencia Clínica Grave (a vida do federado está en risco) poderá acudir directamente ao centro sanitario máis próximo. Unha vez superada a primeira asistencia de urxencias, o federado deberá comunicar o primeiro día hábil a súa circunstancia a  ITEGRA 960 99 28 40 para a apertura dun expediente e ser trasladado a un centro médico concertado.

 

SEGURO DE RESPONSABILIDADE CIVIL

En caso de accidente no que ocasionase danos a un terceiro, deberá poñerse en contacto coa Federación chamando ao 986-224158, en horario de oficina, para tramitar o sinistro. Lembre que este seguro ten unha franquía de 350 euros.

 

 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es