Facebook Twitter Youtube Instagram Español

A FCG avanzará no seu proceso de dixitalización coa compra de sistemas activos de cronometraxe

07 DE JUNIO DE 2021

A previsión é que nun periodo de dous anos todas as probas de competición se realicen con estes dispositivos

A-FCG-avanzara-no-seu-proceso-de-dixitalizacion-coa-compra-de-sistemas-activos-de-cronometraxe

A Federación Ciclismo Galego (FCG) avanza no seu proceso de dixitalización e co obxectivo de mellorar a eficiencia no traballo adquirirá sistemas de cronometraxe de chips activos.

A previsión é que dentro de dous anos todas as probas da FCG conten co aval tecnolóxico deste método, un sistema para o cal resulta necesario que cada federado dispoña dun chip propio activo. A adaptación a este cambio esixe a realización de cursos de formación e actualización, así como a captación de xuíces árbitros.

Este novo modelo, na mesma liña do aplicado pola Federació Catalana de Ciclisme, comezará a implantarse no ciclismo galego o vindeiro outono na temporada de ciclocrós. 

 

 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es