Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Agradecemento á Garda Civil de Tráfico polo labor desempeñado na XX Volta Ciclista a Galicia

21 DE SEPTIEMBRE DE 2022

O operativo contou con 43 membros da UMSV, 20 do GRS e Gardas Civís de apoio dos postos cercanos por onde pasou a proba

Agradecemento-a-Garda-Civil-de-Trafico-polo-labor-desempenado-na-XX-Volta-Ciclista-a-Galicia

Foto: Alberto Sxenick

A seguridade dos ciclistas estivo absolutamente garantida na XX Volta Ciclista a Galicia grazas, un ano máis, ao traballo desempeñado pola Garda Civil de Tráfico. O operativo contou con 43 membros da UMSV (Unidad Movil Seguridad Vial), 20 do GRS (Grupo Reserva y Seguridad) e Gardas Civís de apoio dos postos cercanos por onde pasou a proba. Un dispositivo que como é habitual funcionou á perfección. 

Ademais de protexer a cápsula que forma a caravana da Volta, a Garda Civil de Tráfico tamén realizou un labor didáctico. En cada un dos puntos que acolleu a saída e a chegada das etapas (Poio, Taboada, Manzaneda e Ponteareas) contou cun stand promocional no que se expuxo  diverso material (radares, elementos dos controis de tráfico, vehículos...) e resolvéronse dúbidas. Unha iniciativa promovida pola Benemárita para dar o coñecer un pouco máis o seu método de traballo.

En sinal de recoñecemento polo seu apoio ao ciclismo, e neste caso á Volta Galicia, o presidente da Federación Ciclismo Galego, Juan Carlos Muñiz, e o director da rolda, Jacobo Ucha, fixeron entrega da camisola amarela Xunta de Galicia aos responsables da Garda Civil ao remate da carreira. 

GALERÍA DE FOTOS

Agradecemento á Garda Civil de Tráfico polo labor desempeñado na XX Volta Ciclista a Galicia
Agradecemento á Garda Civil de Tráfico polo labor desempeñado na XX Volta Ciclista a Galicia
Agradecemento á Garda Civil de Tráfico polo labor desempeñado na XX Volta Ciclista a Galicia
Agradecemento á Garda Civil de Tráfico polo labor desempeñado na XX Volta Ciclista a Galicia
Agradecemento á Garda Civil de Tráfico polo labor desempeñado na XX Volta Ciclista a Galicia
Agradecemento á Garda Civil de Tráfico polo labor desempeñado na XX Volta Ciclista a Galicia
 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es