Facebook Twitter Youtube Instagram Español

A FCG premia á Licenza 5.000

24 DE ENERO DE 2023

Abel Álvarez recibirá un maillot da Selección de Galicia

A-FCG-premia-a-Licenza-5000

Un ano máis a Licenza Federativa está tendo unha gran acollida na nosa comunidade e para agradecer a fidelidade das súas federadas e federados a FCG decidiu establecer un 'Esprint Especial' con premio. A/O ciclista coa Licenza 5.000 recibirá un agasallo especial: o maillot da Selección de Galicia. Un obsequio que xa ten destinatario.

Abel Álvarez Hinojosa, corredor do Poio Bike Club da categoría Infantil, é o posuidor da Licenza 5.000 tras solicitala o pasado 9 de xaneiro. Parabéns!!! A camisola oficial da Selección de Breogán chegará nos vindeiros días ao seu domicilio. 

A Licenza Federativa é o complemento perfecto para que goces do teu deporte favorito ao longo da temporada tanto a nivel autonómico como estatal sen preocuparte por nada. Con ela terás á túa disposición un completo seguro de accidente deportivo, ademais dun seguro de responsabilidade civil, asesoría e defensa xurídica, promocións, descontos... Solicita xa a túa Licenza Federativa 100% dixital e accede a ela a través do teu móbil sempre que o necesites!

 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es