Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Incidencia na plataforma de Itegra

27 DE FEBRERO DE 2023

A FCG púxose en contacto cos responsables da empresa para reclamar unha solución inmediata

Incidencia-na-plataforma-de-Itegra

Un erro responsabilidade de Itegra está provocando a emisión de tarxetas sanitarias dixitais da Federación Hípica do País Vasco para os federados da Federación Ciclismo Galego (FCG). Esta situación provocou a inmediata reacción do presidente da FCG, que se puxo en contacto cos responsables da plataforma para que se solucione o problema de contado. 

No escrito enviado por Juan Carlos Muñiz a Itegra, esíxese á empresa que tome as medidas oportunas tanto para solventar este contratempo como para que no futuro non se volva repetir. Desde a plataforma asegúrase que xa se está actuando para retomar a normalidade.

A FCG confía en que así sexa e que no menor marxe de tempo posible se recupere o nivel de xestión ao que están acostumados os seus federados. 

 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es