Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Queres ser árbitro de ciclismo?

27 DE DICIEMBRE DE 2023

Aproveita esta oportunidade. Iníciate na arbitraxe e vive o noso emocionante deporte desde dentro.

Queres-ser-arbitro-de-ciclismo

Os árbitros son os oficiais encargados de garantir que as probas ciclistas se desenvolvan dunha forma segura e xusta, contribuíndo á mellora na súa calidade e participando plenamente no cumprimento das normas no ciclismo. Os árbitros están presentes en todas as disciplinas a nivel autonómico, estatal e internacional.

 

Niveis arbitrais

·         Auxiliar Arbitral: administrado polos Comités Técnicos de Árbitros Autonómicos.

·         Autonómico: administrado polos Comités Técnicos de Árbitros Autonómicos.

·         Nacional: administrado polo Comité Técnico de Árbitros da RFEC.

·         Nacional Elite: administrado polo Comité Técnico de Árbitros da RFEC e a UCI.

·         Internacional: administrado pola UCI. 

 

Beneficios de ser árbitro

 

·         Formar parte da gran familia ciclista.

·         Desenvolver as túas aptitudes persoais ao servizo do teu deporte favorito.

·         Acceso a cursos e seminarios das túas disciplinas preferidas.

·         Progresar na túa carreira arbitral, coñecendo novos lugares e persoas do ámbito deportivo.

 

Converterte en árbitro

O ciclismo sempre necesita novos árbitros. Se queres achegar a túa contribución ao seu bo desenvolvemento, ademais de recibir unha remuneración por cada proba á que asistas, só tes que escribir a cta@fgalegaciclismo.es 

     
   

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es