30 DE SEPTIEMBRE DE 2020
Foto: Federaçao Portuguesa de Ciclismo
Con tres corredores galegos entre os catorce primeiros da xeral, este xoves chega a segunda etapa de alta montaña da Volta a Portugal. Os 20,6 quilómetros de ascensión ao Alto da Torre clarificarán que ciclistas van estar loitando ata Lisboa por adxudicarse a edición especial da Grandíssima. A Gustavo César Veloso (W52-FC Porto), Alejandro Marque (Atum General-Tavira) e Delio Fernández (Nippo Delko) tócalles ratificar as súas candidaturas.
O portugués Amaro Antunes (W52-FC Porto) defenderá a camisola amarela nos 148 km entre Guarda e a longa subida final de categoría especial, cun desnivel medio do 6,5%, ao Alto da Torre. O líder avantaxa en 13 segundos a Federico Figueiredo (Atum General-Tavira), o arousán Veloso é terceiro a 1:13, o estradense Marque ocupa a novena posición a 1:38 e o moañés Delio, a 14ª a 2:17.
Este mércores, na cuarta xornada de competición, Oier Lazkano (Caja Rural) fíxose co triunfo parcial. O corredor vasco ergueu os brazos na liña de meta de Viseu tras lanzar un ataque en solitario no treito final dunha etapa de 171,9 km. A 15" do gañador rematou o pelotón con Marque, noveno, como mellor galego. Co mesmo tempo entraron Veloso, Delio e Carlos Canal.
O limiao do Burgos-BH demostrou a súa combatitividade nos últimos quilómetros, sendo un dos participantes nunha escapada que exerceu de ponte entre a cabeza de carreira e o grupo principal antes de ser neutralizada. Pola súa banda, o cambadés Ángel Sánchez (Miranda-Mortàgua) completou o día na 'grupetta' que chegou a 19:55 de Lazkano.
SELECCIÓNS
CARRETERA
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
CARRETERA
CARRETERA
R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es