09 DE OCTUBRE DE 2020
Foto: La Región
Milagros López será a encargada de abrir este luns 12 de outubro o Campionato de Galicia de Contra o Reloxo Individual (CRI) que se celebrará na localidade ourensá de Baños de Molgas. A corredora de ciclismo adaptado do Riazor tomará a saída ás 11:00 horas e o último participante en entrar en acción será o elite Samuel Blanco (Supermercados Froiz) ás 15:19.
Ao remate desta publicación achégase a táboa coa orde de saída e horarios oficiais, así como o protocolo específico do evento.
Dende a organización do campionato lémbranse as seguintes indicacións:
· So unha persoa por club ou por equipo para efectuar a retirada dos dorsais.
· Todo corredor ou corredora debe ter a máscara posta ata 30 segundos antes de dar a saída e gardala na súa ropa de competición. Hai que poñerse a máscara ao finalizar a crono.
· Ningún técnico nin acompañante pode estar na zona de saída nin de chegada.
· O corredor ou corredora que sobrepase os conos que dividen a vía, quedará automáticamente eliminado.
· Non se permiten coches seguidores durante a competición.
SELECCIÓNS
FORMACIÓN
SELECCIÓNS
CARRETERA
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es