Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Sergio Chumil vence no Cebreiro e Derek Gee amplía as diferenzas na xeral

01 DE MARZO DE 2025

O canadense do Israel-Premier Tech chega á última etapa de O Gran Camiño con 37 segundos de vantaxe respecto a Davide Piganzoli

Sergio-Chumil-vence-no-Cebreiro-e-Derek-Gee-amplia-as-diferenzas-na-xeral

Fotos: @sprintcyclingagency

O ciclista guatemalteco Sergio Chumil (Burgos Burpellet BH) venceu no Cebreiro nun esprint final impresionante con Derek Gee (Israel-Premier Tech). Despois do ataque do corredor canadense a falta de 20 quilómetros a meta, no paso polo Alto A Pintinidoira, o porto de montaña máis duro desta edición, Sergio Chumil uniuse á roda do ciclista canadense. Sen dar unha remuda, o corredor con pasado no Club Ciclista Padronés - Cortizo, arrincou no sprint final e puido con Derek Gee. Con todo, o corredor do equipo israelí aumentou as diferenzas na clasificación xeral, onde ten 37 segundos de marxe con Davide Piganzoli (Team Polti VisitMalta) e 49 segundos sobre Magnus Cort Nielsen (Uno-X Mobility).

Arrancou a etapa máis dura da edición de O Gran Camiño na localidade da Pobra do Brollón, que deu un caloroso recibimento a todos os corredores. En canto se deu a saída real, os ciclistas empezaron a rodar con forza, con numerosos intentos de fuga, pero sen que callase ningún deles. Durante toda a primeira hora de carreira todo o grupo rodou compacto, e no Sprint Bonificable ao paso por Sarria, Magnus Cort Nielsen recortou diferenzas na clasificación xeral. O corredor danés pasou en primeiro lugar, seguido de Diego Sevilla (Team Polti VisitMalta) e Simon Dalby (Un-X Mobility).

imagen

O primeiro corredor que gozou dunha vantaxe notable con respecto ao pelotón foi Fredik Dversnes (Uno-X Mobility). Uníuselle ao ciclista noruegués Unai Esparza (Illes Balears Arabay Cycling), e a vantaxe do dúo de cabeza con respecto ao pelotón foi de dous minutos. Aos poucos, o grupo principal reduciu a diferenza, o que deu pé a que ciclistas tentasen sorprender e unirse á fuga. A pesar disto, o pelotón controlado en todo momento polo Israel-Premier Tech non permitiu diferenzas de máis dun minuto.

No primeiro alto da etapa, o Alto Fonte da Saúde, Matteo Scalco (VF Group-Bardiani CSF-Faizanè) pasou en primeiro lugar, mentres que o líder da clasificación da montaña, Ander Okamika (Burgos Burpellet BH), fíxoo en segunda posición. Ademais, Asier Pablo González (Illes Balears Arabay Cycling) fíxoo como terceiro. Tras un pequeno intento de escapada por parte de dez corredores, chegouse ao Sprint Bonificable de San Román, con Luca Covili (VF Group-Bardiani CSF-Faizanè) como primeiro clasificado, seguido de Johannes Kulset (Uno-X Mobility) e Federico Savino (Soudal Quick Step).

imagen

O tramo final da etapa, no cal se encadeaban o Alto Catro Ventos, Alto A Pintinidoira e o Alto do Cebreiro, portos puntuables de segunda, primeira e terceira categoría, respectivamente. O equipo Israel-Premier Tech aumentou o ritmo da carreira e Josh Burnett (Burgos Burpellet BH), pasou en primeiro lugar polo Alto Catro Ventos. A continuación fixérono Alessandro Tonelli (Team Polti VisitMalta) e Johannes Kulset (Un-X Mobility).

No alto da Pintinidoira comezáronse a poñer as cartas sobre a mesa, cun ataque tremendo de Derek Gee (Israel-Premier Tech), que provocou que Magnus Cort Nielsen (Uno-X Mobility) perdese contacto coa cabeza de carreira. Sergio Chumil (Burgos Burpellet BH) foi o único capaz de serguirlle o ritmo ao líder da clasificación xeral, e ancorouse á súa roda. O ciclista canadense coroou en primeiro lugar o porto da Pintinidoira, seguido de Sergio Chumil, con Jefferson Cepeda (Movistar Team) e Davide Pignanzoli (Team Polti VisitMalta) en terceira e cuarta posición. Ademais, este foi o dúo perseguidor dos dou corredores cabeza de carreira, que se chegaron a achegar a menos de 15 segundos a falta de 2 km para o final da etapa.

imagen

Por detrás, houbo un grupo máis numeroso liderado polos ciclistas do equipo Uno-X Mobility, que tentaron manter ao seu líder, Magnus Cort Nielsen con opcións de cara ao último día. Nos últimos metros, no esprint final, Sergio Chumil levantou os brazos, con Derek Gee segundo e Davide Pignanzoli, terceiro, a 18 segundos dos dous primeiros corredores.

Para a última etapa de O Gran Camiño 2025, que unirá as localidades de Betanzos e Santiago de Compostela, Derek Gee conta cunha boa vantaxe para manter a camisola amarela. O ciclista canadense ten 37 segundos de marxe sobre Davide Piganzoli e 49 sobre Magnus Cort Nielsen.

Clasificacións

Fonte: O Gran Camiño 

 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es