02 DE MARZO DE 2025
Fotos: @sprintcyclingagency
Derek Gee (Israel-Premier Tech) sucedeu a Jonas Vingegaard e venceu a clasificación xeral da cuarta edición de O Gran Camiño. O ciclista canadense aproveitou para sacar vantaxe sobre os seus rivais na contra o reloxo do Camiño de Ourense e a etapa montañosa do Camiño de Lugo, e apenas sufriu para vencer no Fin do Camiño en Santiago de Compostela.
Nesta última etapa, que saíu de Betanzos, Magnus Cort Nielsen (Uno-X Mobility) volveu vencer nun esprint reducido. O corredor danés, tras a vitoria, levou a clasificación xeral de puntos. Pola súa banda, Derek Gee tamén gañou a clasificación da montaña. A clasificación xeral sub-23 foi para Viktor Soenens (Soudal Quick-Step). Por último, o mellor equipo neste O Gran Camiño 2025 foi o Burgos Burpellet BH.
Ao redor das 11:30 da mañá saíu de Betanzos a última etapa de O Gran Camiño 2025, na que había absolutamente todo en xogo. Durante os primeiros quilómetros houbo moitos ataques que tentaron buscar a fuga da xornada, pero sempre con diferenzas moi reducidas. Ao paso polo Alto do Mesón do Vento, Josh Burnnet pasou en primeiro lugar (Burgos Burpellet BH), seguido de Samuel Fernández (Caja Rural-Seguros RGA) e Mauri Vansevenant (Soudal Quick-Step).
A partir de aí, conformouse a escapada do día, cos seguintes corredores: Clément Braz (Groupama FDJ), Fredrik Dversnes (Uno-X Mobility), Mats Wenzel (Equipo Kern Pharma), Martin Marcellusi (VF Group-Bardiani CSF-Faizanè), Josh Burnett (Burgos Burpellet BH), Nicolas Alustiza (Euskaltel-Euskadi), Rafael Reis (Anicolor - Tien21), Pedro Castro (Efapel Cycling) e Asier Pablo Gonzalez (Illes Balears Arabay Cycling).
As diferenzas entre os corredores cabeza de carreira e o pelotón estiveron durante toda a xornada sobre os 2 minutos. Ademais, Mats Wenzel pasou en primeiro lugar polo Sprint Bonificable de Rois, mentres que Martin Marcellusi e Asier Pablo Gonzalez, foron segundo e terceiro. A xornada proseguiu co paso polo Alto de Lampai, de 3ª categoría, cos ciclistas xa instaurados no percorrido deseñado pola organización. A orde de paso a este porto de terceira categoría foi o seguinte: Martin Marcellusi, Asier Pablo Gonzalez e Nicolás Alustiza.
A xornada proseguiu cunhas imaxes brillantes e moita xente na zona de meta de Santiago, nun día marabilloso en canto á meteoroloxía refírese. Josh Burnett pasou primeiro no Sprint Bonificable de O Milladoiro, con Mats Venzel en segundo lugar e Fredrik Dversnes terceiro. Ademais, Pedro Castro perdeu contacto coa escapada e volveuse ao pelotón.
Xa no tramo final, como foi habitual nas últimas xornadas, o pelotón acelerou e atrapou ao grupo. De aí saltaron varios intentos en solitario, pero o equipo Israel-Premier Tech comandou o pelotón, xunto co Uno-X Mobility, e naufragaron todos os intentos de escapada. A falta de 4 quilómetros para o final situouse o último Sprint Bonificable da xornada e Davide Piganzoli (Team Polti VisitMalta), pasouno en primeiro lugar. Magnus Cort Nielsen (Un-X Mobility) foi segundo e Derek Gee (Israel-Premier Tech), terceiro.
Nestes últimos quilómetros todo encamiñouse a un esprint final, e aí, de novo, como nas dúas primeiras etapas, Magnus Cort Nielsen foi o máis forte por diante do limiao Carlos Canal (Movistar), e ademais da última etapa levou a camisola verde. O corredor danés arrancou con forza, pronto, e sacoulle un bo espazo ao segundo clasificado. Pola súa banda, Derek Gee despois dun gran manexo de última etapa por parte do seu equipo, foi o vencedor da clasificación xeral, e tamén da clasificación da montaña. A clasificación xeral sub-23 foi para Viktor Soenens (Soudal Quick-Step). Por último, o mellor equipo en neste O Gran Camiño 2025 foi o Burgos Burpellet BH.
Fonte: O Gran Camiño
CARRETERA
CARRETERA
CARRETERA
CARRETERA
BTT
SELECCIÓNS
R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es