11 DE JULIO DE 2024
Por segundo ano consecutivo, o Club Ciclista Ponteareas e o Concello de Mondariz Balneario organizan a Marcha Ciclista en favor da Asociación Debra-Piel de Mariposa, un evento solidario e orientado ao desfrute familiar. Esta actividade gratuíta celebrarase este domingo, día 14 de xullo, a partir das 12:00 horas nas Pistas Polideportivas da vila que exerce de anfitrioa. Esta Festa da Bicicleta ofrece unha xincana para os máis pequenos e dous percorridos, un de 3 quilómetros e outro de 10.
As inscricións previas están abertas ata este venres, 12 de xullo, enviando un correo electrónico a mondarizbalneario.rbgalicia@
Os donativos para colaborar con Debra-Piel de Mariposa son benvidos e poden realizarse a través da inscrición solidaria a través do número de conta ES95 2080 5056 1130 40011075. Para máis información sobre esta asociación visita a súa páxina web www.pieldemariposa.es
Fonte: Club Ciclista Ponteareas
R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es