Facebook Twitter Youtube Instagram Español
Publicado: 23/02/2022 13:41:19

A Copa Galicia Máster regresa á estrada

O Memorial Fernando Abad abrirá o 27 de marzo un calendario composto por tres citas

O ciclismo galego segue recuperando o seu calendario anterior á pandemia. Durante os dous últimos anos non se celebrou a Copa Galicia Máster de Estrada, un certame autonómico que regresa neste 2022. Tres citas compoñen o calendario do circuíto reservado aos corredores máis experimentados. 

A apertura da Copa terá lugar o 27 de marzo no concello coruñés de Oroso. O Tambre Bike retoma en Sigüeiro o Memorial Fernando Abad, un dos primeiros eventos que se anulou no 2020 por mor da crise sanitaria da COVID-19. Será a quinta edición desta carreira que homenaxea a quen foi presidente do club organizador e que faleceu no 2015 mentres practicaba o seu deporte. 

Sen saír da provincia da Coruña, o 12 de xuño estrearase o Trofeo Portus Apostoli en Noia. Esta cita xorde promovida pola Peña Ciclista Noela. Os puntos que se repartan nas catro categorías (Máster-30, Máster-40, Máster-50 e Máster-60) marcarán en boa medida o que aconteza unha semana máis tarde no desenlace da Copa. 

O Gran Premio Máster Ribeira Sacra, que no 2021 exerceu de Campionato de Galicia, encargarase na súa quinta edición de resolver o renacido certame autonómico. O Club Ciclista Chantadino acollerá o 19 de xuño na súa vila ao pelotón galego noutra carreira decisiva. Os triunfadores da Copa 2022 serán coroados na provincia de Lugo. 

 

CALENDARIO

27/03 Memorial Fernando Abad - Tambre Bike C.C. 

12/06 I Trofeo Portus Apostoli - Noela, P.C. 

19/06 V G.P. Máster Ribeira Sacra 2022 - Chantadino C.C.

 

 

GALERÍA DE FOTOS

A Copa Galicia Máster regresa á estrada
A Copa Galicia Máster regresa á estrada

NOTICIAS RELACIONADAS

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es