Facebook Twitter Youtube Instagram Español
Publicado: 11/07/2022 01:09:15

O XCO Vila de Cuntis - Xesteiras estréase con seis vitorias de líderes da Copa Galicia

Cinco rankings do certame autonómico aínda non están resoltos matematicamente a falta dunha xornada

A penúltima cita da Copa Galicia de Cross Country Olímpico 2022 será recordada por tratarse da estrea no calendario do XCO Vila de Cuntis - Xesteiras e pola calor que acompañou aos bikers. Os preto de 150 participantes tiveron que combater este sábado no circuíto das Canteiras temperaturas que levaron a activar o nivel máximo de alerta en case toda a provincia de Pontevedra. Sofocantes carreiras nas que se rexistraron seis vitorias de líderes do certame autonómico e que deixaron a resolución de cinco clasificacións xerais pendentes do que aconteza o vindeiro domingo en Ribadumia. 

Un dos corredores que se impuxo lucindo a camisola azul e branca de líder foi Saúl López (Academia Postal-Maceda). O monfortino, que se presentou en Cuntis co título elite asegurado matematicamente, está a unha vitoria de selar un pleno na Copa Galicia desta temporada. O oitavo triunfo conseguiuno avantaxando en 5 minutos e 56 segundos a Manuel Parada (Xesteiras) e o podio da categoría raíña masculina completouno Daniel Herráez, outro representante do club organizador. A cuarta posición ocupouna Iago Davila (Toxo) e quinto fixo o gañador sub23 Roberto Freire (Retelec). 

Cos maillots do certame coordinado pola Federación Ciclismo Galego tamén venceron Alejandro García (Carballiño) nos cadetes, Martín Sestelo (Avanza-O Porriño) nos juniors, Silvia García (Bici Verde) nas master-40 e José Manuel González (Maceda) nos máster-60, mentres que Uxía Soto (Supermercados Froiz) obtivo a vitoria nas juniors e asaltou o primeiro posto da xeral. 

A líder elite Lara Lois non participou en Cuntis, unha circunstancia que non desaproveitou Eva Ortega (Extol) para anotarse o seu segundo triunfo nesta edición da Copa. A vixente campioa de Galicia de Resistencia superou en 4'46" á tamén elite Desiree Fernández (Ribadumia). O resto de gañadoras e gañadores en Cuntis foron Lorena Patiño (Compostelano) nas cadetes, Samuel Baña (Toxo) nos máster-30, Antonio Rodríguez (Ourense Termal) nos máster-40 e o portugués Antonio Sousa nos máster-50. 

Con estes resultados e a falta dunha xornada, cinco clasificacións xerais aínda poden cambiar de líderes. Esas categorías chegarán o vindeiro domingo a Ribadumia encabezadas por Aroa Otero (Supermercados Froiz) nas cadetes, Uxía Soto nas juniors, Lara Lois (Moto Bike) nas elites, José Carlos Sanmiguel (Ourense Termal) nos máster-30 e Iván Pereira (Xesteiras) nos máster-40.

Os rankings que xa están decididos son o cadete, liderado por Alejandro García; o júnior, por Martín Sestelo; os sub23, por Andrea García (Academia Postal-Maceda) e Anxo Carril (Coruxo); o elite e o elite-sub23 por Saúl López; o máster-40 feminino, por Silvia García; o máster-50, por Manuel Castro (Toxo); e o máster-60, por José Manuel González. 

Clasificacións da xornada

Páxina da Copa Galicia

GALERÍA DE FOTOS

NOTICIAS RELACIONADAS

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es