Facebook Twitter Youtube Instagram Español
Publicado: 20/06/2022 18:36:46

Os catro gañadores do Gran Premio Ribeira Sacra adxudícanse as xerais finais da Copa Galicia Máster

O máster-30 Javier Freire logrou a vitoria absoluta en Monforte. Triunfos parciais nas súas categorías e nos rankings do certame autonómico para o máster-40 Francisco Javier Iglesias, o máster-50 José María Tajes e o máster-60 Manuel Prieto.

A espectacular chegada ao castelo de San Vicente en Monforte puxo o punto final á Copa Galicia Máster na temporada do seu regreso ás estradas. O máster-30 Javier Freire cruzou a liña de meta en primeira posición e tanto o corredor do Huerces como os gañadores das outras tres categorías no Gran Premio Máster Ribeira Sacra adxudícaronse as clasificacións xerais do certame autonómico. A terceira e última proba do calendario, ademais de definitiva, resultou decisiva. 

A quinta edición da carreira organizada polo Club Ciclista Chantadino inicio o seu percorrido de 80 quilómetros no mesmo punto onde 1 hora 37 minutos 15 minutos despois o líder máster-30 ergueu o seu brazo dereito como vencedor absoluto da xornada. O ciclista galego da formación asturiana Huerces superou ao esprint ao tamén máster-30 Iago Alonso (Chantadino).

A loita pola terceira praza e a vitoria máster-40 resolveuse 3" máis tarde de xeito moi axustado con Francisco Javier Mosquera (Cidade de Santiago) batendo a Jose Ignacio Méndez (Garaje Paco). Este resultado permitiu ao corredor do conxunto compostelano subir dous postos no ranking da Copa Galicia e facerse coa xeral. Quinto en Monforte concluíu o máster-40 Diego Álvarez (MTC Team).

A primeira posición máster-50 non a deixou escapar José María Tajes (Norinver), mentres que Manuel Prieto, outro corredor da mesma formación e que tamén vestía de líder do seu grupo idade, apuntouse o triunfo nos máster-60. 

En canto aos premios da carreira, Jose Ignacio Méndez levouse as Metas Volantes, Andrés Calvete (Monte Xalo) os Sprints Especiais, Iago Alonso a Montaña e a Combinada, Sergio Carreira (Noela) foi elixido corredor máis combativo da xornada e o Huerces dominou por equipos. 

O alcalde de Monforte e presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca; o alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián; e Óscar Sánchez, directivo da Federación Ciclismo Galego, encargáronse de coroar no podio aos triunfadores. Unha vez completada a Copa Galicia, que comezou en Oroso e celebrou a súa segunda cita en Noia, o pelotón máster autonómico reunirase o sábado na Estrada para disputar o Campionato de Galicia. 

Clasificacións G.P. Ribeira Sacra 

Sección da Copa Galicia Máster

GALERÍA DE FOTOS

Os catro gañadores do Gran Premio Ribeira Sacra adxudícanse as xerais finais da Copa Galicia Máster

NOTICIAS RELACIONADAS

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es