O Concello de Maceda acollerá a Copa Deputación de Ciclocrós na que competirán 250 ciclistas. O deputado provincial Jorge Pumar, coñeceu hoxe no Pazo Provincial, os detalles desta proba da man da alcaldesa de Maceda, Uxía Oviedo; e do representante do Club Ciclista de Maceda, Xulio Conde.
A proba, puntuable para a Copa Galicia, celebrarase o sábado, 23 de decembro, a partir das 11.00 horas. Os deportistas competirán nun circuíto pechado de 3 quilómetros na contorna do Castelo deseñado especificamente para a ocasión. Ademais, a partir das 12.45 horas volverá a celebrarse unha proba inclusiva que xa na pasada edición tivo "unha boa acollida", segundo Xulio Conde.
Neste evento deportivo, consolidado logo de 16 anos, é a penúltima proba da Copa Galicia, polo que posiblemente se decidan aos gañadores desta competición autonómica.
R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es