Facebook Twitter Youtube Instagram Español
Publicado: 18/06/2024 19:28:41

O sub-23 Lucas Lopes apúntase o Gran Premio Concello do Porriño

O portugués do Supermercados Froiz dobregou ao balear Marc Torres (Padronés-Cortizo), gañador xa matemático da xeral sub-23 da Copa Galicia

A Copa Galicia Elite e Sub-23 de Estrada viviu a súa terceira e penúltima cita este domingo co Gran Premio Concello do Porriño. A carreira organizada polo Club Máster da Louriña ofreceu un percorrido de 137 quilómetros que incluía tres portos de montaña, os dous últimos un dobre paso polo Alto de Abelenda. O sub-23 portugués Lucas Lopes (Supermercados Froiz) venceu en solitario con 27" de vantaxe respecto ao balear Marc Torres (Padronés-Cortizo), a quen descolgou no treito final da proba. O costarricense Jason Huertas (Lasal Cocinas - Craega) adxudicouse a terceira praza e o triunfo elite ao impoñer a súa punta de velocidade nun grupo de once unidades que rematou a 42" do primeiro clasificado. 

imagen

Cos puntos sumados no Porriño, o líder sub-23 Marc Torres xa é o gañador matemático da Copa Galicia na súa categoría. A xeral elite continúa comandada polo seu compañeiro de equipo Carlos Gutiérrez. Este certame coordinado pola Federación Ciclismo Galego pecharase o 10 de agosto en Betanzos coa disputa da 28ª Vuelta a la Comarca Brigantina. 

Toda a informacón sobre a Copa Galicia Elite e Sub-23 podes atopala nas redes sociais a través do cancelo #CopaGaliciaEstrada24 e na súa sección dentro da nosa páxina web

Clasificación

GALERÍA DE FOTOS

O sub-23 Lucas Lopes apúntase o Gran Premio Concello do Porriño
O sub-23 Lucas Lopes apúntase o Gran Premio Concello do Porriño

NOTICIAS RELACIONADAS

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es