Paso 1. Solicitar a proba na zona privada.
Paso 2. Cubrir o regulamento de carreira
Paso 3. Pago das taxas no número de conta da FGC: ES75 2080 5527 0730 4000 1273
Os prazos establecidos pola Xunta de Galicia para solicitar as pertinentes autorizacións son:
- Para as probas e marchas ciclismo para todos de BTT, 3 meses de antelación na Consellería de Medio Rural
- Para as probas de estrada, 1 mes ante a Consellería de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza.
Isto implica que deberán remitir os regulamentos a Federación como mínimo 15 días antes para a expedición dos certificados. Para as probas que só requiran a autorización do seu concello ou non necesitan ningún tipo de permiso, o prazo de presentación dos regulamentos ante a FGC é de 45 días (o mesmo prazo que as probas de estrada) Coa remisión dos regulamentos á Federación, deben achegar as copias dos xustificantes dos pagos das taxas federativas e da arbitraxe, sen este requisito, non se aprobarán os regulamentos e non se expedirán os certificados, polo que, non se dará cobertura á proba.
R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es