17 DE ENERO DE 2024
O ano do Xogos de París comezou ao grande para Damián Ramos. Representando á selección española, o paraciclista coruñés da clase C4 de bicicleta adaptada vén de colgarse un ouro e un bronce na apertura da Copa do Mundo de Estrada en Adelaida (Australia). Os dous podios acadados no arranque desta semana son os primeiros que conquista no certame da Unión Ciclista Internacional (UCI).
O triunfo do corredor do Lasal-Cocinas Louriña na contra o reloxo individual (CRI) do luns resultou incontestable. Nun percorrido de 23,4 quilómetros rodou a unha media de 49 km/ h para deter o cronómetro en 28 minutos e 38 segundos. O galego bateu por 25" ao belga Louis Clincke e por 2" máis ao polaco Bartlomiej Bertolin.
Ao día seguinte, Damiá Ramos volveu subir ao caixón. Os tres protagonistas na CRI distanciáronse do resto de participantes na proba en liña e o primeiro en completar as nove voltas ao circuíto, acumulando 70 km, foi o polaco Bertolin. A 11" do gañador rematou o belga Clincke e o actual campión de Europa de fondo en estrada na clase C4 fíxoo a 25". O cuarto clasificado, o eslovaco Patrik Kuril, xa cedeu máis de dous minutos e medio.
O calendario da Copa do Mundo consta esta temporada de tres eventos. Os dous restantes celebraranse no mes de maio en chan europeo –o emprazamento aínda está por determinar- do día 2 ao 5 e do 16 ao 19. A esa altura da primavera quedarán pouco máis de tres meses para os Xogos Paralímpicos de París.
SELECCIÓNS
BMX
BMX
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es