Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Damián Ramos acada a quinta praza na contra o reloxo do Mundial

03 DE SEPTIEMBRE DE 2025

O paraciclista coruñés igualou en Ronse o resultado do ano pasado en Zúrich

Damian-Ramos-acada-a-quinta-praza-na-contra-o-reloxo-do-Mundial

Foto: RFEC

A 1 minuto e 2 segundos de subir ao podio quedou Damián Ramos na única proba que disputou no Mundial de Ciclismo Paralímpico de Estrada 2025. O único representante da selección española na clase 4 de bicicleta adaptada logrou a quinta posición na contra o reloxo individual celebrada o pasado venres no circuíto belga de Ronse. Un resultado co que o corredor coruñés igualou a súa actuación hai un ano na cidade suíza de Zúrich. 

Francia asinou unha tripla no percorrido de 23,2 quilómetros por Ronse. O mellor tempo correspondeu a Mattis Lebeau, gañador cun rexistro de 28 minutos e 31 segundos, avantaxando aos seu compatriotas Gatien Le Rousseau Kevin Le Cunff en 11 e 12 segundos, respectivamente. O británico Archie Atkinson fixo cuarto, a 52 segundos, e Damián Ramos pechou o top-5 a 1:14 do vencedor.

Ao paraciclista herculino do Lasal Cocinas-ODL-Craega continúaselle resistindo o caixón nun Campionato do Mundo de Estrada. A vez que máis preto estivo de colgarse unha medalla foi no 2023 en Glasgow (Escocia), onde acadou a cuarta praza na CRI. 

Clasificación

     
   

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es