27 DE FEBRERO DE 2024
Fotos: RFEC
O camiño de Damián Ramos cara aos Xogos Paralímpicos de París deste vindeiro verán é de ouro. Un mes despois de subir ao máis alto do podio na apertura da Copa do Mundo de Estrada en Australia, o coruñés triunfou no Campionato de España de Pista celebrado durante a fin de semana no velódromo madrileño de Galapagar. O corredor do Lasal Cocinas - Louriña fíxose co título de Persecución Individual na clase C4 de bicicleta adaptada.
Na única proba na que participou, Damián Ramos dominou con autoridade. Campión estatal o ano pasado como corredor C5, o primeiro paso para anotarse unha nova coroa en Persecución deuno ao marcar o mellor rexistro nas series clasificatorias. O paraciclista galego completou os 4 quilómetros en 5 minutos e 1 segundo, con máis de 7" de vantaxe sobre o madrileño Julio Enrique Bermejo, con quen quedou emparellado para a final.
O man a man polo ouro arrancou co herculino distanciándose en 4 segundos do seu adversario no primeiro quilómetro. A diferenza non deixou de aumentar ata o remate das dezaseis voltas e Ramos conquistou a camisola rojigualda detendo o reloxo en 4'53, pulverizando a súa marca nas series clasificatorias e batendo por case 10" a Bermejo. O novo campión C4 de Persecución asinou unha velocidade media de 49,1 km/h. O terceiro chanzo do caixón ocupouno o vasco Óscar Higuera.
SELECCIÓNS
BMX
BMX
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es