Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Aclaracións para os deportistas federados sobre as restriccións decretadas pola Xunta de Galicia

30 DE OCTUBRE DE 2020

As novas limitacións horarias, de mobilidade e relativas ás agrupacións de persoas non serán aplicables para os ciclistas con licenza federativa.

Aclaracions-para-os-deportistas-federados-sobre-as-restriccions-decretadas-pola-Xunta-de-Galicia

Ante as dúbidas xurdidas na interpretación do recente Decreto 178/2020, do 30 de outubro, do presidente da Xunta de Galicia, polo que se adoptan medidas en determinados ámbitos territoriais da Comunidade Autónoma de Galicia para facer fronte á crise sanitaria, na condición de autoridade competente delegada no marco do estado de alarma declarado polo Real decreto 926/2020, do 25 de outubro, polo que se declara o estado de alarma para conter a propagación de infeccións causadas polo SARS-CoV-2, compre indicar o seguinte:

1) Restricións ás agrupacións de persoas

Segundo o disposto no artigo segundo, no seu parágrafo terceiro, esta limitación non será aplicable no caso da práctica de deporte federado, sempre que se adopten as medidas previstas nos correspondentes protocolos de funcionamento. En consecuencia haberá que estar ao disposto nos protocolos federativos aprobados segundo o modelo Fisicovid-Dxtgalego.

2) Restricións á mobilidade

Con base no artigo primeiro, apartados 2, punto b) (Cumprimento de obrigas laborais, profesionais, empresariais ou legais), e k) (Calquera outra actividade de análoga natureza, debidamente acreditada), a realización de actividades deportivas federadas estarían exceptuadas.

3) Interpretación do RD 926/2000

Segundo a interpretación traslada polo CSD, así como no Consejo Interterritorial del Sistema Nacional de Salud, as excepcións contempladas nos artigos 5, h) e 6, k), aplicaríanse ao deporte profesional e non profesional federado. En consecuencia as actividades deportivas federadas estarían exceptuadas das limitacións de circulación nas franxas horarias entre as 23:00 as 06:00 h.

4) Acreditación

Aos efectos do disposto nos apartados anteriores, deberase portar pola persoa interesada un certificado da correspondente federación galega na que acredite estas situacións.

5) Competencias doutras administracións públicas 

Esta interpretación dítase sen perxuízo das medidas que poidan acordar outras administracións públicas competentes ou como titulares das instalacións deportivas. Neste caso haberá que estar ao que dispoña a autoridade competente en cuestión.

 

Dende a Federación Galega de Ciclismo engadimos a estas aclaracións unha mensaxe de sentido común e responsabilidade. Coidado e coidarvos; por vós, polas vosas familias e por tod@s. 

DOCUMENTOS ADJUNTOS

 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es