Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Dispoñible a terceira versión do Protocolo Covid-19 da FGC

20 DE NOVIEMBRE DE 2020

Esta actualización profundiza de maneira especial no ciclocrós

Disponible-a-terceira-version-do-Protocolo-Covid-19-da-FGC

A Federación Galega de Ciclismo (FGC), co fin de minimizar os riscos de contaxio, vén de realizar unha nova actualización do seu Protocolo de Actuación fronte á COVID-19. Esta terceira versión foi revisada pola Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, que procedeu a súa aprobación o 18 de novembro tras certificar que os cambios efectuados cumpren coas indiciacións establecidas no Protocolo FISIOCOVID-DXT GALEGO.

Ademais de rexer a relación de situacións de posible contaxio e medidas de tratamento das modalidades ciclistas activas na nosa comunidade, tanto nas competicións como nos adestramentos das escolas, a actualización do protocolo profundiza de maneira especial no ciclocrós. 

O novo documento tamén inclúe o proceso de Trazabilidade seguindo o modelo da Real Federación Española de Ciclismo (RFEC) e desenvolto de xeito online a través da zona privada de cada usuario coa obrigatoriedade de inscribirse todo o persoal que asiste ás competicións.

Poden atopar toda a información necesaria no Menú Protocolo Covid-19 da nosa web. 

 

 

 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es