Presentación do Club Ciclista Ponteareas-Escola Borja Gómez Méndez

20 DE ABRIL DE 2022

Conta con 64 ciclistas e organizará esta temporada tres eventos

Presentacion-do-Club-Ciclista-Ponteareas-Escola-Borja-Gomez-Mendez-

O pasado sábado o Club Ciclista Ponteareas-Escola Borja Gómez Méndez gozou dun precioso día nas marabillosas instalacións do campo de golf/Mondariz Balneario, recinto que acolleu a presentación do seu proxecto para a temporada 2022. 

Da man de Terio Carrera como conductor da gala, cada neno ocupou o seu sitio no escenario, lucindo así con orgullo as cores do novo equipamento para a presente campaña.

Desde a Directiva/Corpo Técnico e o conxunto de familias que forman a escola agradécese enormemente o apoio de todos os patrocinadores e colaboradores conseguindo así que o proxecto presidido por Manuel Gregores e dirixido por Xacob Agra siga adiante.

Esta temporada conta con 64 ciclistas, nas categorías desde benxamín, promesa, principiante, alevín, infantíl, cadete, júnior e sub23, que será Borja Gómez Méndez, o padriño da Escola, ademais de todos os cicloturistas, elites e masters que forman o Club.

Por outra banda, un ano máis máis os seus ciclistas continuarán cos calcetíns desiguais, e como aliciente as súas mozas levarán a cor morada do NON á violencia de xénero na súa indumentaria (camisola, culotte e calcetíns).

O club organizará tres eventos (MiniBTT, proba de Estrada e Ciclocrós).

Fonte: Club Ciclista Ponteareas 

GALERÍA DE FOTOS

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es