Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Subvencións para clubs da provincia de Pontevedra que participen en competicións de ámbito estatal

09 DE FEBRERO DE 2023

A convocatoria da Deputación de Pontevedra xa está aberta e remata o 7 de marzo

Subvencions-para-clubs-da-provincia-de-Pontevedra-que-participen-en-competicions-de-ambito-estatal

A participación en competicións oficiais de ámbito estatal por parte dos clubs da provincia de Pontevedra considérase unha actividade de interese para a Deputación de Pontevedra, xa que constitúe un factor esencial no desenvolvemento deportivo, supón un estímulo para fomentar o deporte base e cumpre unha función representativa e de reputación xeral do deporte na provincia.

Deste xeito, a Deputación de Pontevedra convoca as subvencións para os clubs deportivos da provincia de Pontevedra que participan en competicións de ámbito estatal para o presente ano.

Serán obxecto de subvención a participación de clubs deportivos da provincia de Pontevedra en competicións oficiais de ámbito estatal nas distintas modalidades e categorías previstas na base 4ª da norma reguladora do procedemento.

Fai click nesta ligazón para acceder a toda a información

 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es