Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Profundo pesar polo pasamento de José Manuel Otero

08 DE JULIO DE 2023

O histórico presidente do Club Ciclista Meixoeiro faleceu aos 79 anos de idade

Profundo-pesar-polo-pasamento-de-Jose-Manuel-Otero

O noso ciclismo tínguese de loito pola morte dun dirixente inesquecible e, sobre todo, dunha gran persoa. Este sábado faleceu aos 79 anos de idade José Manuel Otero Fernández, o histórico presidente do Club Ciclista Meixoeiro de Vigo.

A Federación Ciclismo Galego quere transmitir o seu máis sentido pésame aos seus familiares a amigos. O corpo de José Manuel Otero xa descansa no tanatorio Vigo Memorial e o enterro terá lugar este domingo, día 9 de xullo, no cemiterio olívico de Lavadores. 

Descanse En Paz 

     
   

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es