Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Condolencias pola morte de Miguel García Folgueira

06 DE SEPTIEMBRE DE 2025

Faleceu este venres nun tráxico accidente

Condolencias-pola-morte-de-Miguel-Garcia-Folgueira

Desde a Federación Galega de Ciclismo queremos expresar o noso máis sentido pésame polo falecemento de Miguel García Folgueira, veciño de Vilalba e apaixonado do ciclismo, que onte perdeu a vida nun tráxico accidente mentres practicaba a actividade que tanto amaba.
 
Miguel foi un referente na súa comunidade, tanto polo seu labor como mecánico e responsable de Recambios Luta, como polo seu compromiso en achegar o mundo da bicicleta aos máis novos. A súa paixón, entrega e os valores que transmitía —esforzo, respecto e compañeirismo— deixan unha pegada fonda e inesquecible.
 
Nestes momentos de dor, queremos trasladar todo o noso afecto á súa familia, amizades e compañeiros, e acompañalos no sentimento.
 
Desde esta Federación, facemos un chamamento ao respecto e á convivencia entre todos os usuarios das vías públicas. A seguridade viaria é responsabilidade compartida, e cómpre extremar a sensibilidade e a prudencia, especialmente cara aos colectivos máis vulnerables como os ciclistas e os peóns. Cada vida conta.
 
Descansa en paz, Miguel. O teu legado segue rodando.

     
   

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es