03 DE SEPTIEMBRE DE 2024
Un proxecto ilusionante comeza a dar as súas primeiras pedaladas no Comité Técnico de Árbitros galego. O CTA vén de renovar a súa directiva e as principais premisas desta nova etapa son o traballo colectivo, a formación técnica en todas as disciplinas e a paixón. Un ciclo que arranca cun profundo ánimo construtivo e que precisa do apoio de todo o ciclismo galego.
O organigrama do CTA ten como novo presidente a Iago Raposo. A vicepresidencia corresponderá a Jorge García, a tesourería a Alberto Costa, a secretaría a Svytoslav Dmytruk Petruk e como vogais exercerán Noelia Serrano e José Manuel Moldes. Unha directiva aberta que seguirá sumando integrantes a prol do noso deporte.
"Co compromiso e a colaboración de cada unha e cada un de vós, estamos seguros de que podemos transformar os retos en oportunidades para crecer e mellorar, tanto individual como colectivamente", sinalan dende a nova dirección.
Óscar Sánchez, vicepresidente da FCG
A Federación Ciclismo Galego tamén rexistra cambios na súa directiva. Óscar Sánchez, ata agora delegado na provincia de Pontevedra, asume a vicepresidencia da FCG. Un cargo no que aportará a súa experiencia e unha extraordinaria capacidade de traballo.
AVISOS
EVENTOS
AVISOS
AVISOS
AVISOS
AVISOS
R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es