Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Condena e apoio a toda a familia do balonmán

24 DE FEBRERO DE 2025

O afeccionado agredido nun partido en Sanxenxo faleceu nas últimas horas

Condena-e-apoio-a-toda-a-familia-do-balonman

Andrés Rico, veciño do Grove agredido o pasado 15 de decembro cando asistía como espectador a un partido de balonmán de base en Sanxenxo, faleceu nas últimas horas tras permanecer durante máis de dous meses ingresado nun hospital. A Federación Ciclismo Galego desexa transmitir o seu pésame aos seus familiares e amigos, unhas condolencias e un apoio que fai extensibles a todo o balonmán da nosa comunidade. 

D.E.P.

Este suceso fainos lembrar a importancia de erradicar a violencia do deporte. A FCG condena calquera tipo de comportamento contrario á diversión, á aprendizaxe e á convivencia. O deporte ten que ser un exemplo de respecto e tolerancia. 

 

 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es